miércoles, 11 de diciembre de 2013

CAZADORES DE MENTES / UNHA VIDA POR DIANTE




     O luns pola noite, na Sexta 3 e en versión orixinal subtitulada, vin a película "Cazadores de mentes" (2003), de Renny Harlin; con Val Kilmer, Ll. Cool J., Christian Slater, Patricia Velasquez, Johnny Lee Miller e Kathryn Morris. A película é unha trapallada. Había unha moi boa na segunda canle "As irmás da Magdalena" pero había pouco tempo que a vira. E cando cambiei de canle acababa de empezar "Cazadores de mentes", polo que non vin os títulos de crédito e non souben ata o final que a dirixía Renny Harlin (creo que foi ex de Geena Davis) Se o sei ó principio, vería unha das miñas en DVD e non perdía o tempo con "Cazadores de mentes".






     E onte vin, en DVD e en VOS, "Unha vida por diante" (2005), de Lasse Hallström; con Robert Redford, Jennifer Lopez, Morgan Freeman, Josh Lucas, Camryn Manheim e Damian Lewis. A música é de Deborah Lurie (por certo, preciosa música). Creo que hai moito tempo que teño este DVD, pero se ata agora non o vira foi porque me retraía moito Jennifer Lopez. Pero como sigo, máis ou menos, unha orde para ver os meus DVDs (ó ter tantos e dubidar moitas veces cal ver, dixen desde un principio que os vería por orde alfabética, e así ó que lle tocase, tocáballe -son un fanático da orde alfabética-). Así é que, a pesar da Lopez, non me quedou máis remedio que ver a película. E, mira, pois tampouco está tan mal. Estraño western contemporáneo cun bo traballo de Robert Redford. E que segue sendo un pracer ver a Morgan Freeman.

No hay comentarios:

Publicar un comentario