viernes, 13 de diciembre de 2013

THE MATADOR / VIDAS Ó LÍMITE



     O mércores vin na Sexta 3 en versión orixinal subtitulada a película "The Matador" (2005), de Richard Shepard; con Pierce Brosnan, Greg Kinnear e Hope David. A música é de Rolfe Kent.
     Empezou con certa graza, pero axiña se foi desfacendo ata que chegou en non gustarme practicamente nada.






     E onte, xoves, vin en DVD e VOS a película "Vidas ó límite" (1995), de Agnieszka Holland; con Leonardo DiCaprio, David Thewlis, Romane Bohringer e Dominique Blanc. A música é de Jan A. P. Kaczmarek.
     Outra que tal... prometía, pero resulta que o único recordo que queda dela é o bo traballo de DiCaprio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario