lunes, 16 de diciembre de 2013

DON DE LINGUAS




     O venres acabei de ler "Don de linguas", de Rosa Ribas e Sabine Hofmann. Gustoume, gustoume o libro. Cunha trama moi ben pensada e desenvolvida.

     CONTRAPORTADA:

     "Alí estaba Mariona. Blanca, rubia, carnosa e morta."

     SOLAPA:

     Barcelona, 1952: quedan poucas semanas para o Congreso Eucarístico, e a consiga oficial é dar unha imaxe impoluta da cidade, pois está en xogo a lexitimidade internacional do Réxime. Ana Martí, novata cronista de sociedade de La Vanguardia, atopará no encargo de cubrir o asasinato de Mariona Sobrerroca, unha coñecida viúva da burguesía, a súa oportunidade para escribir sobre temas serios. O caso encomendóuselle ó inspector Isidro Castro da Brigada de Investigación Criminal , un arisco policía de doroso pasado, que terá que aceptar de mala gana que Ana cubra a investigación. Pero a moza periodista axiña descubrirá novas pistas que se apartarán da versión oficial dos feitos e recorre á axuda da súa curmá Betriz Noguer, unha eminente filóloga.
     O que nun principio semellaba unha inofensiva consulta lingüística sobre unhas misteriosas cartas atopadas entre os papeis da defunta convertirase no inicio dunha serie de revelacións nas que están implicadas persoas moi influentes na sociedade barcelonesa... En medio dun ambente hostil poboado de funcionarios e políticos corruptos, porteiras entrometidas, policías violentos, prostitutas e ladróns de bo corazón, a intelixencia e a afouteza de Ana e os coñecementos lingüísticos e literarios de Beatriz serán as súas únicas armas para resolver o caso.

     CONTRASOLAPA:

     Rosa Ribas. Naceu en 1963 no Prat do Llobregat (Barcelona). Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Barcelona, e desde 1991 reside en Fráncfort. Ata a data publicou seis novelas: O pintor de Flandes (2006), A detective miope (2011), a historia por entregas "Miss Fifty (2012) e os tres libros que compoñen a triloxía policiaca protagonizada pola comisaria hispano-alemá Cornelia Weber-Tejedor, traducida con gran éxito ó alemán.

     Sabine Hofmann. Naceu en 1964, en Bochum, Alemaña, e na actualidade reside na pequena cidade de Michelstadt. Estudou Filoloxía Románica e Xermánica, e traballo varios anos como docente na Universidade de Fráncfort. Alí coñeceu a Rosa Ribas, e empezou entre ambas unha longa amizade que a escritura conxunta de Don de linguas afianzou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario