viernes, 27 de diciembre de 2013

O TOURMALET NO OTERO PEDRAYO


              A maioría dos humanos usamos un gran acontecemento para escenificar o noso auténtico gozo. E adoitamos lanzar a memoria a un Mundial de fútbol ou a uns Xogos Olímpicos. Se o noso equipo ou o noso atleta alcanza o cénit, nós tamén alcanzamos a éxtase co seu triunfo. E esperamos meses ou anos para unha nova éxtase, para un novo triunfo. Non nos decatamos que, ás veces, un gran acontecemento pode ser un simple instante diario. Por exemplo, o pasado xoves, a partires das nove e pico da noite, no pavillón O Pompeo do instituto Otero Pedrayo. Torneo de baloncesto organizado polo COB. Partido de cadetes entre o COB e o Blanco Amor. O equipo de Xoel empezou, como moitas veces, perdendo; pero, aí pola metade, iniciouse o instante, a éxtase, o momento no que te dás conta que non precisamos dun David Cal ou dunha selección de fútbol para saber o que é o auténtico goce, coa súa tensión incluída. Porque o partido semellaba pero non estaba ganado. Para que demo agardo un Mundial ou un Tour ou un Roland Garros, se o meu Tourmalet estaba ese día no Otero Pedrayo! Logo, para máis aquel, a éxtase, a gozada volveuse facer patente ó día seguinte ganando dous partidos máis e plantándose na final do sábado. Non precisamos de grandes atletas, cando temos os nosos heroes na casa.


              Finca Fierro. Venres, 27 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario