jueves, 5 de diciembre de 2013

BUSCARLLE TRES PÉS Ó GATO


              Ramiro Guerreiro Guerrero retira os lentes e refrega os ollos con forza. Está canso. Pero non fisicamente, máis ben mentalmente. Botou practicamente toda a tarde lendo e iso cansouno. Porque tiña que moverse para non conxelar co frío. A tarde, aínda que resplandecía co sol, estivo fría de raio. Volve fretar os ollos e loita contra o pensamento que o manda unha e outra vez ós seus apelidos. Todo o mundo lle fai o típico comentario: anda, en galego e en castelán!. Aínda que o peor chégalle cando os escribe; sempre llos poñen mal ou sempre o chaman para confirmar cal é o auténtico. A xente pensa que Ramiro Guerreiro Guerrero cometeu un erro ortográfico ó escribilos. Non sabemos por que, pero todos tenden a imaxinalos iguais, dobres; ou Guerreiro Guerreiro ou Guerrero Guerrero. Non conseguen asimilar que se apelida Guerreiro Guerrero. Moitas veces buscámoslle tres pés ó gato, buscamos erros onde non os hai. O noso amigo coloca as gafas no nariz e sorrí ante o seu propio pensamento.


              Café Oren Express da Valenzá. Xoves, 28 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario