jueves, 12 de diciembre de 2013

NOS BURACOS DA MISERIA


              Raza de voitres, de egoístas espallados pola fervenza da manipulación. Loita a morte entre unha subela e unha tira, unha correa de coiro para que unha xogada de pasmóns tiren dun carro cheo de ideas falsas. Hai cargas que pesan moito máis ca un carro de toxos. Aterra un pensamento retorcido no canto, no bordo dunha folla en branco, polo que a portada e a contraportada do libro non din nada. Nunca dixeron nada. Soños de cabestro nun tempo de censura e de aniñar acochados nos buracos da miseria. Hai buracos que non se cegan nunca e hai miserias que son eternas. Cada quen que analice a súa nostalxia e verá que sempre hai algún momento no que a vida ten a memoria envelenada. Sempre correremos cara adiante aínda que nos atopemos con penedos cheos de remordementos. Os buracos da miseria nunca cegan. Incluso, ás veces, e co paso do tempo, fanse aínda máis fondos, máis negros. A miseria sempre foi negra.


              Café Viena 17 de Ourense. Luns, 9 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario