martes, 17 de diciembre de 2013

NON A VOU DEIXAR PODRECER!


              Algúns, os que non me coñecen, quédanse mirando cando me ven coa anorak do Real Madrid. Outros, os que me coñecen, teñen dúas opcións para pensar: de carallada ou de cambia chaquetas.. Os que non me coñecen pensarán que son un fanático dos merengues (porque a anorak resalta de raio: na esquerda, arriba, o escudo; na dereita, arriba tamén, as iniciais R. M. e na chepa, todo o nome: Real Madrid; todo ben ás vistas), e os que me coñecen preguntaranse o motivo de levala posta. Son antimadridista total. Porén, o asunto ten o seu aquel: Xoel pediuma por medio dunha oferta que fixo un xornal deportivo. Agora non se atreve a poñela; imaxino que por vergonza ou por burla dos compañeiros. Entón, a ver!, non vou deixar que podreza nunha percha. Póñoa eu e así tamén gasto a broma de que: “é para ensuciala e, así, ó lavala, a ver se a gasto, se desgasto aínda máis ó Real Madrid”. Polo demais, impórtame a min ben o que pense a xente! Non está a vida como para deixar podrecer unha prenda de vestir.


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 16 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario