lunes, 23 de diciembre de 2013

BLACK WATER




     Por aquilo de que os domingos, un se levanta da cama un chisco máis tarde do habitual, despois, pola noite, nunca hai sono. Así é que, tanto a muller e máis eu, seguimos vendo a televisión e, repasando as canles televisivas, vin que todas as películas que proxectaban máis alá das doce da noite xa as vira, a excepción da que saía pola 6ª 3, que lle estaba dedicando o día a animais raros, estrambóticos, de terror, etc. E a esas horas déuselle por emitir a película australiana "Black Water" (2007), dirixida por Andrew Traucki e David Nerlich; con Ben Oxenbould, Maeve Dermody e Diana Glenn.
     Esta vai dun crocodilo que, ñam, ñam, ía cazando os parvos correspondentes. Antes incluso da metade da película, xa estaba desexando que se merendara a todos e que rematara dunha vez esta "cousa" cinematográfica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario