domingo, 29 de diciembre de 2013

NA BEIRA




     Practicamente toda a tarde lendo para rematar o libro "Na beira", de Rafael Chirbes. Bo libro. E xusto onte entereime de que os críticos do suplemento de El País, Babelia, declarárono como o mellor libro do 2013. Repito, gustome, pero tamén recoñezo que cansa un chisco cos seus experimentos literarios, é dicir, parágrafos eternos, incluso de varias páxinas; frases sen puntos, sen comas. Estes experimentos xa hai anos que os inventara Camilo José Cela e que, agora, usan xa bastantes escritores... pero cansan. De todas formas, merece a pena lelo, retrata ben a sociedade actual, o momento da crise, a condición humana.

     CONTRAPORTADA:

     "Na beira" é o retrato novelado dunha crise. Unha historia que nos obriga a mirar cara á ese espazo lamacento que sempre estivo aí, aínda que durante uns anos ninguén semellaba disposto a asumilo, á vez lugar de uso e abismo onde se ocultaron delitos e se lavaron conciencias privadas e públicas.

     SOLAPA DA PORTADA:

     O hachado dun cadáver no pantano de Olba pon en marcha a narración. O seu protagonista, Esteban, viuse na obriga de pechar a carpintaría da que era dono, deixando no paro ós que traballaban para el. Mentres se encarga de coidar o seu pai, enfermo en fase terminal, Esteban pescuda nos motivos dunha ruína que asume no seu dobre papel de vítima e de verdugo, e entre cuxos cascallos atopamos os valores que rexeron unha sociedade, un mundo e un tempo.
     O benestar e o seu reverso inseparable, a cobiza e os falsos proxectos, convertidos en materiais de derruba. O espello no que se mira a vida de Esteban, á súa maneira un home sen atributos, devolve unha imaxe feita de soños rotos e de ilusións perdidas. Nada se librou da voracidade. O amor, a familia, a amizade e os códigos sociais tamén formaron parte do menú neste banquete duns poucos.

     SOLAPA DA CONTRAPORTADA:

     Nado en Tavernes de la Valldigna (Valencia) en 1949, Rafael Chirbes trasladouse a Madrid para estudar Historia Moderna e Contemporánea e máis tarde, durante a transición, dedicouse á crítica literaria e ó periodismo. A súa primeira novela, "Mimoun" (1988), quedou finalista do premio Herralde de Novela e seguíronlle "Na loita final" (1991), "A boa letra" (1992) e "Os disparos do cazador" (1994). Por estas datas, comezaron a editarse as súas obras en Alemaña cunha aceptación da que non gozaba no seu propio país, as súas novelas "A longa marcha" e "A boa letra" mereceron o premio SWR-Bestenliste. Escritor insubornable, crítico e alonxado dos ouropeis mediáticos, ocupa un lugar de primeira orde na actualidade literaria española con libros como "A caída de Madrid" (2000), "Os vellos amigos" (2003) e, sobre todo, "Crematorio" (que tamén lin), polo que recibiu o Premio Nacional da Crítica 2007.

No hay comentarios:

Publicar un comentario