domingo, 8 de diciembre de 2013

PARENTES COA CONCIENCIA GANGRENADA


              Canto máis achegados, peor situación. As miserias familiares, doen, impresionan. E se esas miserias se concentran en seres discapacitados, aínda afunden máis a un. Xa hai un tempo que sucederon, pero lembro que un xornal deu as dúas noticias xuntas, unha enriba da outra. Na de arriba, pai e tío dunha discapacitada violárona durante vinte a catro anos. A noticia de abaixo: pagaba cinco euros por cada abuso a un parente diminuído.
              Case é normal que entren ganas de vomitar. Máis no primeiro caso. Non chegaba con unha, dúas ou tres violacións, non; vinte a catro anos. Así, lendo… unha simple cantidade, grande, pero simple ou case normal. Pero hai que pensar en ano tras ano, en violación tras violación. Centos de violacións? Miles de violacións? A unha diminuída? Hai pais que teñen a alma podre e parentes coa conciencia gangrenada. Ben baixo cae ás veces o espírito familiar!


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 2 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario