martes, 10 de diciembre de 2013

MENTALIDADE QUE VAI A MENOS


              Quixo camiñar polo fío do arame, pero, pobriña, era tan babiola que nin coas dúas pernas mantiña o equilibrio. Caía, Erguíase. Volvía caer. E a esperanza rodaba pola carballeira dos soños. Dalia Val Rincón aparentaba vinte e pico anos, pero, mentalmente, tiña cinco ou seis. Nin a fixeron nin nacera así; un simple golpe que deu contra unha cadeira volveulle o pensamento ó revés. Estaba no descanso da escaleira e a súa irmá Edenia atopábase sentada nunha cadeira do comedor. Por aquilo das bromas, o seu pai díxolle que lle daba dez euros se se botaba á súa irmá. Non o pensou dúas veces; Dalia Val Rincón lanzouse coma unha chispa. Mal pensaba ela que Edenia ía choutar da cadeira para non levar o trompazo. Foi Dalia quen o levou. Todos riron. Ela mesmo riu tamén. E ó lembrar o golpe rían todos. Pero os días pasaban e os actos, os pensamentos de Dalia retrocedían. Agora sómese nunha mentalidade infantil, nunha mentalidade que vai a menos.


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 2 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario