lunes, 9 de diciembre de 2013

O COMETA DESESPERADIÑO


              Hai días que leu a noticia e Ulises Mito Castiñeira está intranquilo. Non volveu saber nada do cometa suicida. Seica ía a unha velocidade incrible para espetarse contra o sol. Hai suicidas e suicidas; uns tíranse de pontes e outros bótanse ós trens. O cometa Ison dixo que nones, que o seu era ir correndiño e zoscarlle unha hostia ó sol. Hoxe, Ulises Mito Castiñeira non sabe se aguantou os cinco mil graos de temperatura ós que se viu sometido o estrambótico suicida. Xa é temperatura de raio, pensa Ulises. Como aínda non sabe nada, o noso amigo aínda ten a esperanza de que os de Tráfico o parasen antes de esnafrarse contra o sol... a ver, non se pode circular a esas velocidades aínda que sexa polo espazo sideral!. Como o colleran, a ese cáelle unha boa multa. Ben desesperadiño debía estar; correr desa maneira para suicidarse. Ulises alegraríase moito que se salvara. Gústalle o nome do cometa. Ulises Mito Castiñeira cre que todos os cometas teñen nomes bonitos.


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 2 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario