domingo, 8 de diciembre de 2013

O RÍO DO EDÉN



     Onte acabei de ler "O río do Edén", de José María Merino. Marabilloso! Que historia tan bonita! Este libro pedinllo á biblioteca de Ourense por medio da da Valenzá.

     CONTRAPORTADA:

     "Din que un ser humano tarda pouco máis de oito segundos en namorarse, e mentres mirabas e escoitabas a aquela rapaza, sentiches cara á ela ese invencible afán de promximidade con que o amor se reviste cando xorde".
     Na compaña do seu fillo Silvio, Daniel percorre as paraxes do Alto Texo, lugar lendario no que pensa esparexer as cinsas da súa muller. Son os mesmos lugares en que o home e a muller, na súa primeira xuventude, compartiron unha forte paixón amorosa. Ó fío da camiñata, o home lembra a súa emocionante historia de amor, traizón e arrepentimento.
     Narrada desde unha "segunda persoa" que compón á vez un fluxo de conciencia e unha narración obxectiva, esta nova novela de José María Merino volve a confrontar os ámbitos alleos e indiferentes da natureza -os espazos naturais- con ese desacougo sentimental e moral que está na substancia mesma do ser humano.
     "O río do Edén" conforma un drama amoros e familiar moi propio dos tempos que vivimos, e que non obstante mantén vixentes aspectos da realidade que foron permanentes estímulos para a ficción literaria.

     AUTOR:

     José María Merino naceu na Coruña en 1941 e vive en Madrid. Comezou escribindo poesía e deuse a coñecer como narrador en 1976 con "Novela de Andrés Choz". O escorregadizo da identidade, as súas conexións co mito, o soño e a literatura, e moitos elementos da tradición fantástica, caracterizan a súa obra narrativa. A súa novela "A beira escura" ("La orilla oscura") acadou a Premio da Crítica. Despois acadaría varios premios máis con outras obras, a salientar "As visións de Lucrecia" (Premio Miguel Delibes), "O herdeiro" (Premio Ramón Gómez de la Serna) e "O lugar sen culpa" (Premio Gonzalo Torrente Ballester). É membro da Real Academia Española.

No hay comentarios:

Publicar un comentario