lunes, 23 de diciembre de 2013

COA BOCA ABERTA


              Unha hora e cinco minutos coa boca aberta. Así estivo Fabiola Derivado Sarna no dentista. Cando este rematou, ela ergueu do aparello no que estivera tombada e pensou que caía, que lle fallaban as pernas, o corpo todo. A tensión fora grande. Mentres o dentista furgaba e furgaba na súa boca, ela enlazara as mans, tensara os músculos e non se relaxou para nada en toda esa hora. Cansara. E iso que houbo un momento no que chegou incluso a topenear; pechara os ollos e asustouse un chisco cando o dentista lle dixo “abre máis a boca”. O susto fíxolle choutar un chisco as pernas, polo que soubo nese momento que acababa de quedar un cachiño durmida. Normal. A esas horas... as tres e pico da tarde, logo de xantar. A esas horas, a Fabiola Derivado Sarna íaselle un pouco a vida. Está acostumada a dar unhas cabezadas logo de xantar. Desde aquel momento non volveu pechar os ollos. Que vergonza! E así tivo tempo para contar os flexos, as manchas do teito; e todo elo... coa boca aberta. Unha hora e cinco minutos. Máis ou menos.


              Biblioteca da Valenzá. Xoves, 19 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario