viernes, 20 de diciembre de 2013

SORRIR POR NON CHORAR


              Mentres adestran os rapaces, escribo. Escribo que toda a oposición galega semella que é ignorante de todo, pois das máis de 1.200 emendas que presentou ós presupostos galegos, non lle foi aprobada ningunha polo PP. Nin a primeira! Dedución: oposición, burra; PP, listos. Outra dedución máis real: que as maiorías absolutas son coma ditaduras. Raño a cabeza porque me pica e sigo escribindo. Escribo que en todo o ano subiu a luz cinco veces... e baixaron os soldos, e negáronse as extras, e aumentou o paro. Agora solto unha boqueada, pero non me prohibe seguir escribindo. Escribo que o fiscal acusa o xuíz de perseguir á infanta Cristina por ser filla do rei (se é infanta será porque é filla do rei, non si?) e non polo caso Nóos. Me cago no demo!, ela mete a man e a culpa vai ser do xuíz ou do chachachá. A fiscalía, en vez de atacar ós corruptos e ladróns, ponse agora a defendelos. Sorrío por non chorar e por non insultar a este país, por aquilo de que agora está penado. Pero, merece ou non merece un insulto?


              Café Paco Paz de Ourense. Mércores, 18 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario