jueves, 12 de diciembre de 2013

NUNCA ME RESULTOU SIMPÁTICA


              Non sei como esperaron tanto tempo. Se tiveran conciencia de galegos, terían que haber dimitido hai xa tempo, ou mellor dito, xa non deberon constituírse. Estou a referirme á nova que sae nos xornais sobre a dimisión da cúpula galega de UPyD, porque a dirección nacional deste partido non amosa sensibilidade cara Galicia. Inocentes! Rosa Díez nunca amosou sensibilidade para a nosa terra. É máis sempre se dedicou a criticar os nosos asuntos. Sinceramente, nunca me resultou simpática esta muller. E sei que ten caché suficiente para subir nas enquisas dunhas próximas votacións. E vaia se sobe! Pero porque creo tamén que moita xente erra votándoa. Non é de confianza unha persoa que, ó momento de botarse fóra do seu partido (o PSOE), empezou a cuspirlle críticas a eito. Que as merecía? Pode que si. Pero ela acababa de pertencer a el, polo que algo de culpa tería tamén, sendo como era unha das dirixentes. E con respecto ó meu país galego, desde o primeiro momento esbardallou na nosa contra. Non merece o meu aplauso.


              Biblioteca da Valenzá. Luns, 9 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario