martes, 10 de diciembre de 2013

UN PRESUNTO PROFESIONAL


              Alucinado estou co segredo profesional do doutor Narciso Carrero. Que, sen andar con días santos, confesa media historia clínica de Rosario Porto, a nai de Asunta Basterra, a nena asasinada hai xa meses e que tal asasinato xa me ten máis aburrido ca unha lesma na chepa don camelo. Non quero defender a Rosario Porto (tamén ó meu parecer é a asasina da súa filla), pero o quid do asunto está no detalle do doutor que a atendeu en 2009 cando aquela ingresara no sanatorio La Robleda.
              Era rarecha. Era fuxidía. Era estraña. E demais definicións. Non quero poñer a man no lume, pero estou por apostar que se a tal Rosario fora inocente, o incrible “doutor”? confesaría que era linda, que era riquiña, que era simpática. De todas formas, un profesional coma el non pode saír nos medios confesando as opinións ou os pareceres dos seus pacientes. Agora mesmo teño claro o currículo do doutor: presunto profesional. Non admite outros méritos. Iso non se fai, señor Narciso Carrero.


              Café Aitana 39 da Valenzá. martes, 3 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario