lunes, 9 de diciembre de 2013

ANÉCDOTA DUN LIBRO

     Cando lin o libro "Do sentimento á conciencia de Galicia", correspondencia que levaron a cabo Ramón Piñeiro e Basilio Losada entre 1961 e 1984, houbo un detalle, unha anécdota que me divertiu, que me chamou a atención:

     Conta Basilio Losada falando dos traballadores da televisión no 1965: Hai un rapaz con 20.000 pesetas ó mes e outro tanto por "traballos especiais", co que me ocorreron anécdotas inauditas. Faláballe eu dun personaxe e dicíalle que tiña que saír vestido do século XVIII porque morreu en 1788, e vai o home e dime: "Entón é do XVII non do XVIII". Tívenlle que explicar como se contan os séculos.

     Outra anécdota (e segue falando Basilio Losada): Preparei un programa no que saía María Pita dicindo: "¡a ellos!". E preguntoume o xefe: "Ese ¡a ellos!, ¿va con hache?". Cousas como estas a moreas, dicíalle nunha carta a Ramón Piñeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario