lunes, 9 de diciembre de 2013

DO QUE ESTOU A FALAR CANDO FALO DE CORRER




     En todo o domingo lin o libro "Do que estou a falar cando falo de correr", do xaponés Haruki Murakami, traducido ó galego por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martínez. Precioso e orixinal, mesturando carreiras, escritura e música.

     CONTRAPORTADA:

     En 1982, tras deixar o local de jazz que rexentaba e decidir dedicarse a escribir, Haruki Murakami (Kioto, 1949) tamén comezou a correr. Ó ano seguinte percorrería en solitario o traxecto que separa Atenas da vila de Maratón. Despois de participar en ducias de carreiras de longa distancia e en triatlóns, o novelista reflexiona neste libro sobre o que significa para el correr e como influíu na súa maneira de escribir. Os adestramentos diarios, a súa paixón pola música, a conciencia do paso do tempo, os lugares ós que viaxa, acompáñano nun relato no que escribir e correr se converten nun xeito de vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario