lunes, 23 de diciembre de 2013

NEVE




     Rematei de ler "Neve", do escritor turco e premio Nobel Orhan Pamuk, con traducción para o galego de Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos.
     A verdade é que me custou bastante o seguila. Pero tamén recoñezo que cando puña os cinco sentidos nela ata chegaba a entreteñerme. Pero, repito, a maioría das súas 604 páxinas non me encheron por completo.

     CONTRAPORTADA:

     Un poeta exiliado, chamado Ka, volta a Turquía e viaxa á melancólica cidade de Kars. O seu propósito é escribir sobre unha vaga de suicidios de mozas ás que se lles prohibiu levar veo. Rodeado dunha branca nevarada e da desconfianza xeral, Ka obsesiónase coa beleza de Ipek e coa figura dun terrorista carismático.
     Publicada no ano 2002, "Neve" é unha das obras mestras de Orhan Pamuk (Istambul, 1952), unha novela concibida cun calculado suspense na que farsa e crueldade, poesía e violencia, forman un tecido narrativo inesquecible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario