viernes, 13 de diciembre de 2013

A INUTILIDADE DOS PARLAMENTOS


              Entendo perfectamente o enfado de Yolanda Díaz. A deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) confesa que o Parlamento non serve para nada. Iso hai moito tempo que o digo eu tamén, aínda que ela refírese máis a que quen toma realmente as decisións políticas son a Comisión Europea, o Banco Central Europeo e o Fondo Monetario Internacional. Iso tamén. Pero eu sempre tirei máis por aquilo das maiorías absolutas que, ben sexa no Parlamento ou ben sexa en calquera concello, póñenlle os rabo ás cereixas á súa maneira, polo que é imposible debater e rebater algún asunto. Tamén asoma moitas veces outra opción que nos amosa a inutilidade dos Parlamentos: as cabezadas, adurmiñadas ou incluso ronquidos dos presuntos deputados. Vótalos para que te representen, para que defendan os teus intereses e, logo, velos que o están facendo... en soños. Así é que, amiga Yolanda, non só non vale para nada en cuestión de tomar decisións, senón que nin vale para deixalas expoñer.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Martes, 10 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario