sábado, 14 de diciembre de 2013

O ESPERPENTO EN ESTADOS UNIDOS


              Valle-Inclán fixo famoso o esperpento, pero este non se dan tan só en España; tamén o hai noutros países, incluso no que se entende que é o máis avanzado do mundo, é dicir, Estados Unidos. De esperpento é a nova coa que me atopei o pasado venres: que un neno de seis anos foi acusado e expulsado, por dous días, dun colexio de Colorado por acoso sexual. De seis anos! O acoso debeuse a un bico que lle deu nunha man a unha compañeira súa e outro nunha meixela uns días antes. Riquiño meu! Os outros nenos levaron a cabo a profesión infantil por antonomasia: o acuseta. Chiváronse á profesora de música. E esta (con mentalidade aínda máis infantil) tamén se chivou ó director. Expediente ó canto. Por acoso sexual. Aí é nada! Con todas as da lei! Porque seica existe unha norma sobre o tema en todas as escolas públicas dese gran país. Agora están analizando tal norma. Fan ben. Unha cousa é educar ós nenos contra os acosos e abusos e outra, moi distinta, é castigalos desa maneira, cando o propio neno lle recoñecía a nai que non sabía o que significaba a palabra “sexual”. O esperpento en Estados Unidos está aínda máis arraigado ca en España; e se non aí temos tamén o uso indiscriminado das armas, que os propios pais ensínanlles ós fillos pequechos a disparar. Se isto non é tamén un esperpento…


              Café Viena 17 de Ourense. Venres, 13 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario